16 de maio de 2012

O zoo humano

Desmond Morris, zoólogo e etólogo inglés, escribe en 1969 "O zoo humano", continuación do seu xenial libro "O mono espido", no que buscaba similitudes no comportamento e apariencia do home coe seu curmán mais cercano, o mono.

 Neste caso as similitudes búscanse entre as cidades cos zoolóxicos que albergamos dentro delas.

 En torno a sete apartados Desmond Morris evalúa os cambios sufridos polo home desde que este recorría incansablemente as pradeiras en pequenas manadas en busca de alimentos, ate que gracias a agricultura comeza a asentarse en pequenas aldeas  que chegan a crecer ata as metrópolis do siglo XXI.

O problema por tanto é que nun asentamento tribal son ducias de persoas, nunha aldea corriente centenas, na Atenas Clásica eran veinte mil, na actual xa tres millons, sendo outras moitas cidades as que pasan de dez millóns. A causa desa ruptura nas conexións do cerebro coa realidade é por tanto non so a superpoboación, senón a ineficacia das nosas neuronas en reproducirse ó mesmo ritmo ca os nosos xenes.

 É ridículo pensalo e ofensivo admitilo, pero un bebé de Neanderthal criado e educado a día de hoxe por un Sapien Sapiens, pasaría perfectamente por un cidadano máis.


Atópanse demasiadas similitudes entre as actitudes dos animais dos zoos e os das cidades  para non  se decatar de que algo vai mal:
     Masturbación; fetichismo sexual; masoquismo; tics; obesidade; arquitectura monótona e simétrica dos nosos refuxios;  actividades funcionais sacadas da sua función primixenia, unha das cales é o sexo (o autor recoñece dez funcions distintas: procreador, formador de parella, mantedor de parella, fisiolóxico, exploratorio, recompensador por si mesmo, ocupacional, tranquilizador, comercial e de estatus), pero tamén estan dormir, beber ou comer, andar (deambular), etc ; problemas de saúde; a violencia extrema (guerras, asesinatos, torturas...); estranas costumes; problemas de socialización; perdida de interés pola cousas; loucura; confusión de parella ou raza (o autor señala aqui a homosexualidade como equivalente); roubos, etc.

 Como vemos aínda non resolvemos todos os problemas da estresante e paradóxicamente solitarias vidas das nosas mega urbes .  Non estamos equipados, como as termitas, para convertirnos voluntariamente en membros dunha vasta comunidade. Nin para enfrentarnos a unha masa de descoñecidos disfrazados de membros da nosa tribu. Somos, e continuaremos sendo, simples animais tribais.

 Pero non por iso nos extinguimos, todo o contrario, á capacidade de inxenio e á plasticidade do home debémoslles todas estas estratexias para sair do paso:
   A competición, tanto deportiva como laboral; as encarnizadas loitas de estatus; as asociacións, agrupacións, clubs, modas, etc, que simulan esas tribus ás que pouco tempo atrás pertencíamos; a creación de estímulos ou problemas tamén nos axudan a eliminar a monotonía e ociosidade dunhas vidas aparentemente carentes de sentido (este problema non pasaba polas nosas mentes cando so tiñamos que pensar en buscar auga e alimento, defender o noso territorio, coidar os crios e evitar os enimigos);  a creación artificial de grupos propios xa sexa entre países, razas, rexións, nos axuda a darnos unha identidade e poder falar dun "Outros" ou dun "Eles", aínda que físicamente e históricamente sexamos un "Nós"; outro exemplo dado no libro e que chama a atencion pola súa actual prevalecencia, é a festa da democracia, un xenial invento no que votando cada catro anos o cidadán ten a sensación de ser por un día o dono do seu destino.


Con este pequeno resumen  recollín un pouquiño de cada apartado: Como todo así de golpe queda moi seco e explícito,  anímovos a ler o libro no que aparecen infinidade de datos curiosos e asombrosas explicacións sobre moitas das nosas costumes sempre tratando de buscarlle a súa equivalencia animal. E sempre a ten porque nós o fomos, coma quen di, onte..


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.